Continuando con Okupas

A Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo, quere transmitir publicamente a felicitación e agradecemento dos veciños de Lugo, ao Corpo Nacional de Policía e á Policía local de Lugo, pola súa actuación e proporcionalidade no tema dos okupas en Lugo, de forma especial polo acontecido nos últimos días en Yáñez Rebolo. Esta Federación mantén a opinión dada hai uns días nos distintos medios e require un cambio importante na lexislación actual “que debería ser tramitado por vía de urxencia”. Hai que acabar coas penas de multa como “delito leve” desde o punto de vista procesual, por un delito de privación liberdade, (xa que actualmente as persoas condenadas decláranse insolventes e non pagan nin os danos provocados), polo de violación de morada ou usurpación e requirir do sistema xudicial o trámite como delito rápido, que permitiría que en 24 horas máis ou menos o problema quedase resolvido, e que en caso de non poderse celebrar o xuízo, restablézase como medida cautelar o reintegrar ao propietario a vivenda. Tamén lembramos medidas que se están aplicando na UE e vemos incompatible que un ocupa condenado, poida percibir o Risga ou a Renda básica. Tampouco entendemos nin aceptamos que persoas que nada teñen que ver coa propiedade dos inmobles, se erixan en defensores dos ocupadores e boten leña ao lume nun momento delicado. Chamamos unha vez máis a todos á sensatez, á serenidade e á calma, para evitar males maiores. Neste sentido, a Federación Provincial de Asociacións Veciñais ten prevista para o vindeiro luns día 23 de setembro unha reunión con responsables da Xunta de Galicia, para tratar o fenómeno okupa en Lugo.

 

QUEREMOS UN LUGO MODERNO, SEGURO E TRANQUILO.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com