Contos de outono online para noites máxicas dende o facebook Xuventude de Lugo

A área de Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, converte o contacontos adiado de Samaín en Contos de outono online para noites máxicas. Trátase do espectáculo que ía ter lugar o 1 de novembro, na Praza da Milagrosa, que foi aprazado polas restricións sanitarias, e que agora se desenvolverá de xeito telemático, concretamente dende o vindeiro martes 24 de novembro, todos os martes e xoves, ata o 10 de decembro, ás 20:00 horas no Facebook Xuventude Lugo, así como na conta de Instagram @Xuventude_lugo.

A calendarización é á seguinte:

Introdución ao Samaín (martes 24 de novembro ás 20.00 h.)

Indo para o Samaín (xoves 26 de novembro ás 20.00 h.)

O noso Samaín (martes 01 de decembro ás 20.00 h.)

Corre corre Cabaciña (xoves 03 de decembro ás 20.00 h.)

A castañá que rebentou de risa (martes 08 de decembro ás 20.00 h.)

Carabuñas (xoves 10 de decembro ás 20.00 h.)

Poderase gozar da maxia de diversos contos narrados polos membros da asociación de recreación histórica Clan de Breogán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com