Controversia PP-BNG pola Banda Municipal de Lugo

De kafkiano podería cualificarse o ocorrido onte durante o ensaio da banda municipal. Polo que poido saber este xornal, parece ser que a CSIF chegou ao ensaio xunto coa policía municipal para que esta identificara ao músico que nese momento dirixía o ensaio. Ao mesmo tempo que isto ocorría, chegaron á dependencia municipal integrantes do PP que ían xirar unha visita a ditas instalacións, unha das persoas era Beatriz Vázquez concelleira do populares que pouco despois declararía “o que nos atopamos onte cando fomos ao ensaio da banda foi un esperpento. Os músicos tiveron que parar o ensaio porque o seu director plantounos”

Vázquez explicou que “ao parecer hai irregularidades coa situación laboral da persoa que estaba exercendo como director o que motivou que se presentase a xunta de persoal coa policía para levantar acta suspendendo o ensaio previsto. Parece que cada vez imos a peor, este novo goberno local quería contratar a alguén para que a banda tocase no San Froilán e resulta que unha xestión tan común e simple non se fixo correctamente”. que repercusións legais e económicas podería ter para o concello de Lugo ter a unha persoa traballando en dependencias municipais sen ningún tipo de contrato, como dan a entender que ocorre?. Que responsabilidades penais poderían ter os membros do goberno por dar esa orde? Rematou.

Pola súa banda a responsable de cultura Maite Ferreiro do BNG, declaraba que “se reuniu esta mañá cos integrantes da Banda Municipal para aclarar como se está a levar proceso previo ao concerto do vindeiro día 12. Os ensaios continúan con total normalidade baixo a batuta do director convidado. Maite Ferreiro declarou que o camiño fácil sería deixar desaparecer a Banda pero dende o goberno local seguiremos traballando para que a Banda poida seguir a soar nesta cidade”, e engadiu “o preocupante debería ser que a Banda Municipal non tocase nas festas do San Froilán”.

Maite Ferreiro mostrou a dispoñibilidade da área de cultura para “aclarar calquera tipo de dúbida que poida xurdir en canto á actuación da Banda no San Froilán” e destacou o “compromiso” do goberno local e a disposición dos membros da banda para continuar a realizar novos concertos no futuro.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com