Corte do cinto comarcal en Castroverde por obras na ponte sobre a LU-530

A Deputación de Lugo informa de que, a partir do luns 13 de xullo, permanecerá cortado ao tráfico un tramo da estrada provincial LU-P-1611 (cinto comarcal) ao seu paso polo concello de Castroverde, debido ás obras de reparación da ponte situada sobre a LU-530.

O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 118,500 e 118,900, cunha lonxitude aproximada de 400 metros, e está previsto que se prolongue durante dous meses.

Durante a execución dos traballos, promovidos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), tamén poderán producirse cortes parciais e intermitentes na LU-530, en función das necesidades da obra.

Habilitaranse itinerarios alternativos debidamente sinalizados para garantir a mobilidade. A Deputación recomenda ás persoas usuarias planificar os seus desprazamentos con antelación, extremar a precaución e respectar a sinalización provisional mentres duren os traballos.

 

Foto:

Arquivo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com