Criminoplásticos

Cando nos falan de “microplásticos”, en realidade nós debemos pensar en “Criminoplásticos”, e cavilar cando soubemos que os plásticos eran dañinos?… Ou cando souberon os responsables das grandes fábricas de plásticos que estaban producindo asesinos da natureza. Porque nós, consumidores, non podíamos saber, non tiñamos por que saber, que os plásticos eran dañinos para os nosos xeitos de vivir, asesinos intemporais, que non só producían morte e destrución ao utilizalos, senon que a súa acción asasina duraría centos de anos?

A mediados do pasado século, os nosos pais, e os que daquela vivíamos sufrimos unha revolución, pensando que a disfrutábamos. Dicía o gran ourensán Xaquín Lourenzo, que en Galicia as meigas desaparecerán a medida que o butano foi invadindo as cociñas dos galegos, xa que a chama –coa súa claridade e firmeza- fixo desaparecer as faíscas das lareiras, as lapas das cociñas “económicas”, as sombras reflectidas nas paredes que parecían chamar por seres de outras dimensións.

Daquela foi cando os plásticos apareceron como a gran revolución. E deixamos de usar bolsas da compra para acudir ás tendas de productos de comer, porque viñan xa coa súa bolsa. E deixouse de usar o papel de estraza para envolver o zucre, os garbanzos, o arroz… e o plástico asentouse nas nosas vidas para formar parte da nosa actualidade. Esta revolución eliminou papel, bolsas de tela ou hule, e pasou ao retiro a todos os oleiros e cacharreiros, porque os cacharros deixaron de venderse pola inferioridade de condicións do barro en relación co plástico.

E sesenta ou setenta anos despois, a sociedade intenta eliminar os plásticos… e ao non poder, pretende reducilos, ao terse demostrado que son incompatibles coa sociedade, coa vida, presente e futura, invadindo a natureza nas terras e nos mares, aparecendo “microplásticos” en todas as materias e ambientes imaxinables.

Esa palabra inventada, “microplásticos”, constitúe o concepto máis importante do ano 2018, elixida pola “Fundación del español urgente”, para abandeirar a loita social contra estes criminais silenciosos e permanentes, que ou acabamos con eles, ou eles acaban con nós.  Os fabricantes, non saben; non contestan.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com