O Criterium Aeronáutico de Rozas realizará voos paramotor adaptados

Persoas con mobilidade reducida poderán sobrevoar na vindeira semana a zona de Rozas, empregando un parapente con motor, asistidos por un piloto e con totais garantías de seguridade e confort grazas ao Real Club Aeronáutico de Lugo, que celebra a súa 12 edición do Criterium Aeronáutico. Así o anunciou esta mañá o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen destacou, durante a presentación do evento “Voos paramotor adaptados” que “a diversidade funcional non debe ser un obstáculo á hora de realizar deporte e, en particular, de vivir a experiencia inigualable de voar”.

Nese senso, puxo en valor a iniciativa promovida polo Real Club Aeronáutico de Lugo, en colaboración con diversas entidades do ámbito da atención a persoas con discapacidade, e polo que se ofrecerá esta posibilidade.

A provincia de Lugo convértese na capital da navegación aérea grazas á 12ª edición do Criterium Aeronáutico que terá lugar desde o próximo venres día 21 ao 25 de xullo en Rozas, un evento deportivo e divulgativo. Durante a presentación, acompañaron ao delegado territorial da Xunta, Francisco Javier Abelleira do Real Aeroclub de Lugo, Victor Manuel Maiztegui da Federación Aeronáutica Galega, Diego Fernández Somoza do Club Costa Ártabra, e representantes das asociacións Aprediz, Auxilia e Cogami, ademais do xefe do servizo provincial de Deportes, Manuel Otero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com