" />

Cruce de acusacións entre PP e goberno municipal pola rebaixa da facturación eléctrica prometida pola Deputación de Lugo

O Grupo Municipal do Partido Popular afirma que aos lucenses non lles supuxo ningún aforro, o convenio asinado en marzo de 2014 entre Concello e Deputación, e que tiña por obxecto revisar as facturas eléctricas e de gas dos equipamentos municipais, co fin de aforrar o gasto eléctrico.
A concelleira popular Isabel Devesa explicou que a revisión que realiza a Axencia Provincial de Enerxía do ente Provincial, non beneficiou á economía municipal xa que segundo afirma,”o 90% das facturas atrasadas que se levan a pleno corresponden a consumos eléctricos e de gas”.
Escoitámola:


Pola súa banda, o voceiro do Goberno Local, Luis Ávarez, manifestou que o Partido Popular pon en evidencia que critican, sen sequera léelo,  o convenio para que a Axencia Provincial da Enerxía, revise as facturas eléctricas dos diferentes subministros do Concello, das que xa van revisadas máis do 60%.
Escoitámolo:


Doutra banda, Luis Álvarez, anunciou que hoxe deuse conta na Xunta de Goberno Local, do proxecto elaborado polos técnicos municipais, para a execución subsidiaria da ampliación do cemiterio de Muxa, en cumprimento da orde dada polo TSXG.
Escoitámolo:


A Xunta de Goberno tamén aprobou a licitación por procedemento aberto do plan de sinalización horizontal, cun presuposto de case 200.000 euros, e concedeu licenza para a creación dun multicine con 8 salas, no Centro Comercial de Abella.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo