" />

Cs denuncia que as ordes de execución e ruínas do Concello están paralizadas dende 2017

A voceira municipal de Cs no Concello de Lugo, Olga Louzao, denunciou esta mañá que as ordes de execución e ruínas do Concello atópanse bloqueadas desde o ano 2017. “O Concello de Lugo está totalmente paralizado desde fai tres anos nun dos aspectos que máis inflúen no desenvolvemento urbanístico da nosa cidade e que afecta directamente á capacidade de rexeneración dos barrios da nosa urbe pola inoperancia do Goberno local. Só tramítanse os moi urxentes. É unha demostración máis da incapacidade de Lara Méndez e o seu equipo para xestionar o noso municipio”, sinalou a portavoz da formación laranxa.

“Este bloqueo na execución das derribas ten como consecuencia inmediata a presenza de inmobles ruinosos salpicados por toda a cidade. O que xera inconvintes de diversa índole como problemas de salubridade ou risco de seguridade e confire, ademais, unha imaxe decadente a diversas zonas do noso casco urbano. Instamos ao Goberno local a actuar de inmediato”, apuntou Louzao quen anunciou que o seu grupo municipal elevará esta petición formalmente para saber cantos expedientes están pendentes e que fará o Goberno bipartito para desbloquear a situación e recuperar o tempo perdido.

“Á inoperancia demostrada na incomprensible paralización dos expedientes de derriba súmase o  abandono de funcións á hora de executar a limpeza dos solares, a falta dunha ordenanza que regule a instalación de publicidade exterior e permita a instalación de pantallas para evitar o feísmo en espazos urbanos degradados e a falta de iniciativa política para desenvolver a longa lista de espazos sen urbanizar dentro da nosa cidade. Todo iso ten como consecuencia unha cidade degradada, esteticamente deficiente e que acumula problemas de salubridade, seguridade e mobilidade por todas as partes”, sinalou a portavoz tras lembrar que a súa agrupación leva anos reclamando que se actúe nesta materia.

Louzao criticou a actitude dos concelleiros socialistas que lonxe de asumir os retos pendentes descargan a culpa nos seus predecesores. “É inadmisible que os responsables políticos de áreas como Urbanismo ou Medioambiente lávense as mans e descarguen responsabilidades nos seus predecesores cando este Goberno leva máis de medio ano desempeñando a súa función sen que nada cambie. Os problemas na cidade acumúlanse de forma alarmante sen que sexan capaces de facer nada por revertir a situación. Non lexislan, non xestionan e non asumen responsabilidades. É un goberno mergullado nunha crise continua cuxa última responsable é Lara Méndez”, concluíu a edil de Cs.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo