Cs insta ao Concello a mellorar a seguridade viaria na Calzada das Gándaras

O concelleiro do grupo municipal de Cidadáns, Juan Vidal, instou esta mañá ao Goberno local a que mellore “de forma urxente” a seguridade viaria na confluencia das rúas Serra de Meira e Calzada das Gándaras. “Levamos tempo recibindo queixas dos polo problema que supón que os vehículos circulen por este punto superando claramente os 50 quilómetros por hora. É un risco para os peóns. Xa se produciron varias saídas da calzada”, sinalou Vidal.

O concelleiro da formación laranxa considera que é necesario introducir elementos disuasorio que contribúan a reducir a velocidade de tránsito. “É necesario instalar pasos elevados neste tramo. Os técnicos consultados recomendan instalar dúas bandas redutoras como mínimo, unha antes da curva e outra a altura do número 18-20 da calzada das Gándaras para garantir a seguridade dos peóns”, asegurou. Ademáis segundo o edil é urxente renovar a capa de rodadura nesta zona. ”O pavimento presenta deficiencias notables. Hai fochancas de máis de 5 centímetros”, proseguiu.

O grupo municipal de Cs sostén que, de forma complementaria á renovación do pavimento e a instalación das bandas redutoras, é necesario mellorar tanto a sinalización vertical como a horizontal. «É unha zona con pouca iluminación polo que sería axeitado introducir sinalización luminosa no paso de peóns situado entre ambas rúas», apuntou.

De feito, segundo estima Cs por recomendación dos técnicos consultados, grande parte do risco xira ao redor deste paso de peóns. “Os contedores de lixo, tal e como están situados, impiden que tanto os condutores coma os peóns teñan unha visibilidade óptima. Isto, unido as outras deficiencias sinaladas constitúe un punto negro en potencia. O Goberno local non pode mirar para outro lado neste asunto. Esiximos unha actuación urxente”, rematou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com