" />

Cs lamenta a inacción do Goberno en relación ao ‘Lugo Smart City’

A voceira  municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, criticou esta mañá a falta de dilixencia mostrada polo executivo local en relación ao programa Lugo Smart City. Louzao censura a falta de información pública sobre o nivel de execución desta importante iniciativa que foi aprobada en 2016 e que, a día de hoxe, descoñécese se segue en marcha ou se se deu por concluída. “O programa Lugo Smart City contempla un investimento total de 4,1 millóns de euros dos cales o 40% corresponde a fondos municipais e o resto a fondos europeos. Desgraciadamente, o Goberno local non fixo público o nivel de execución destes proxectos e descoñecemos a onde foi a parar o diñeiro, que iniciativas leváronse a cabo con éxito, e que porcentaxe destes fondos quedan por investir”, asegurou.

Dentro desta estratexia contemplábanse distintas iniciativas destinadas a converter Lugo nunha cidade tecnolóxicamente desenvolvida. Deste xeito, deseñáronse ata 10 liñas diferentes de traballo destinadas a mellorar aspectos como a administración electrónica (985.000 euros), a xestión intelixente de Infraestruturas a través de datos GIS (82.655 euros), a mobilidade ou a eficiencia enerxética en edificios municipais (459.000 euros), entre outros. “Descoñecemos o grado de execución de cada unha destas liñas de traballo e non existe ningún informe que analice o seu impacto sobre a calidade de vida dos veciños. É dicir, os lucenses non saben se o diñeiro foi investido con éxito ou se dilapidou”, dixo.

Louzao puxo o foco na “deficiente política de transparencia” que está levando a cabo o Goberno local que reiteradamente incumpre a lei sen o máis mínimo reparo. “Lamentablemente a cidadanía carece de calquera tipo de información relativa a estes proxectos. O oscurantismo é absoluto. Paradóxicamente, a última información do goberno bipartito en relación a Lugo Smart City foi un comunicado feito público o 26 de setembro a través do portal web municipal onde se anunciaba unha actuación a cargo destes fondos orientada a mellorar, precisamente, a transparencia do Concello. Resulta ata cómico. É inadmisible que catro meses despois aínda non se fixera nada“, proseguiu a edil da formación laranxa.

“Descoñecemos por exemplo, que pasou cos 190.000 euros destinados á Tarxeta Cidadá Plus, descoñecemos tamén que pasou cos 128.000 euros destinados á xestión do alumado público no rural. Non sabemos nada dos 233.000 euros destinados á xestión intelixente do auga ou da porcentaxe investida do millón de euros destinado a implantar a administración electrónica. Esiximos que o Goberno local faga público estes datos de forma inminente. Pola contra verémonos obrigados a sospeitar que algo raro pasa e que o traballo non se está facendo ben”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo