Cs Lugo denuncia o mal estado do parque infantil de López Cuevillas

A falta de mantemento dos parques infantís da cidade provocou que varios deles se atopen nun estado lamentable, como é o caso do parque situado entre as rúas López Cuevillas con Río Mandeo. Por iso, o Grupo Municipal de Cidadáns decidiu levalo a comisión.

“Non podemos permitir que os nenos xoguen en lugares abandonados, a maleza o ocupa todo, incluso a escaleira, o que podería provocar caídas. Se se fixese un correcto mantemento destas zonas se poderían evitar situacións que logo se lamentan”, considera Olga Louzao, a concelleira de Cidadáns. 

O parque ten maleza que invade a zona, incluída a escaleira de acceso, ademais de lixo, un chan desconchado e una canastra de baloncesto rota. “É unha vergoña que unha zona destinada aos nenos poida ser perigosa e que ninguén faga nada para evitalo. Desde Cidadáns queremos buscar solucións aos problemas reais, mentres que o Goberno solo pensa en cortar cintas”, afirma Louzao.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo