Cs Lugo presenta á cidadanía o seu proxecto

“Cidadáns quere escoitar de primeira man aos lucenses e abrirlles as portas a todos aqueles que queiran coñecer o seu proxecto e sumarse a el”. Con este obxectivo Cidadáns arrinca en Lugo, unha campaña “a pé de rúa” con presenza en distintos puntos da cidade e na que participarán afiliados e cargos públicos de Cidadáns en Lugo, segundo explicou esta mañá a súa portavoz no Concello, Olga Louzao.

O primeiro destes actos informativos tivo lugar esta mañá diante da Praza de Abastos e pola tarde na Rúa da Raíña e proseguirá nos vindeiros días noutros puntos da cidade. Olga Louzao defendeu que o proxecto de Cidadáns é un “proxecto integrador” e anunciou que pretende “facilitar que todos aqueles lucenses que queiran achegarse a Cidadáns poidan facelo dunha maneira máis doada e cercana”.

Olga Louzao explicou que con esta intención desde a agrupación de Lugo de Cidadáns despregaranse carpas informativas en distintas zonas da cidade que teñen unha dobre misión: dunha banda dar a coñecer o proxecto de Cidadáns e, ao mesmo tempo, coñecer de primeira man as prioridades dos veciños e veciñas de Lugo. Olga Louzao, que tamén é portavoz de Ciudadanos a nivel autonómico, afirmou que “o proxecto de Cidadáns avanza en toda España, tamén en Galicia, e por suposto na provincia de Lugo, onde nos últimos meses estamos notando moito interese no noso proxecto, non só en Lugo cidade, senón en moitas outras vilas econcellos máis pequenos”.

“Cidadáns ten un proxecto nacional para toda España pero tamén ten un proxecto específico para Lugo que queremos completar coa axuda dos nosos veciños e veciñas”, afirmou Olga Louzao. “Estar preocupados polo que pasa en Cataluña non significa que non nos preocupemos do que pasa en Lugo, todo o contrario”, asegurou, e indicou que “o obxectivo de Cidadáns a nivel municipal é seguir traballando para cambiar o rumbo que leva na actualidade a cidade de Lugo e acabar coa parálise que sobre a cidade pola inacción dun Goberno absolutamente ineficaz”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo