Cs Lugo presenta ás Autónomas o seu proxecto de semipeonalizar a Ronda da Muralla

O grupo municipal de Cidadáns mantivo hoxe un encontro coa Asociación de Autónomas de Lugo onde se abordou o problema do negocio local, que obrigou a pechar uns 1.000 negocios en Galicia, segundo datos recollidos pola propia asociación. Na reunión, Autónomas e Cidadáns puxeron de relevo o papel que o Concello ten na elaboración de accións para animar á xente a saír á rúa, como pode ser a colocación de bandeiras cando hai festas e un mellor mantemento do casco histórico.

“O Concello ten un amplo campo de actividade para dinamizar o negocio local, como realizar un concurso de escaparates ou a celebración periódica de actividades na rúa, de concertos, obras de teatro ou contacontos para os nenos que fan que as familias saian á rúa”, considerou a voceira de Cs Lugo, Olga Louzao.

Cidadáns aproveitou, asemade, a reunión para comentar un dos principais proxectos da formación: a semipeonalización da Ronda da Muralla que “comezaría no tramo que comprende Montero Ríos e a Avenida da Coruña”. Segundo a formación laranxa, con este plan, a Ronda reduciríase a un só carril polo que pasaría, de xeito continuado, un bus eléctrico. Tamén se ensancharían “notablemente” as aceras, “especialmente a pegada á Muralla” e crearían un carril bici en sentido contrario á circulación.

Unha idea que, segundo asegurou a agrupación, tivo unha gran acollida polas autónomas ao considerar que podería animar a moita xente a que se achegue ao centro da cidade e acudan ás tendas a mercar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo