Cs Lugo presenta un proxecto para gañar espazo para os peóns na Ronda da Muralla

A agrupación municipal de Cidadáns propuxo esta mañá reducir a un só carril de circulación o tráfico na Ronda da Muralla e a Avenida da Coruña para gañar espazo para os peóns, poñer en valor o monumento Patrimonio da  Humanidade e impulsar o comercio local.
A portavoz de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao presentou esta mañá, acompañada do arquitecto Juan Carlos Pérez Cordero, o proxecto Muralla Viva, que consiste na reducción paulatina do tráfico rodado a carón da Muralla romana.”As tractoradas que se produciron na cidade de Lugo nos meses de decembro de 2015 e xaneiro de 2016 demostraron que a cidade de Lugo pode vivir perfectamente cun só carril na Ronda”, argumentou.
“Trátase dun proxecto de futuro para Lugo que queremos que sexa presente xa a partir do mes de maio, que dá continuidade ao traballo feito polos distintos alcaldes que gobernaron a cidade de Lugo nas últimas décadas e bebe directamente do Plan de Mobilidade elaborado pola Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona para a cidade de Lugo no ano 2009”, explicou Olga Louzao.
Ciudadanos é partidario de actuar “con valentía” sobre a Ronda da Muralla co obxectivo de que deixe de ser “a rontonda máis grande de Europa, de dous quilómetros de lonxitude” e se convirta “nun verdadeiro espazo para os peóns, as bicicletas e o transporte público, como se merece o entorno dun monumento Patrimonio da Humanidade”.
Para a portavoz de Ciudadanos, “o proxecto Muralla Viva non debe ser nin queremos que sexa un proxecto unicamente de Ciudadanos, queremos que sexa un proxecto de toda a cidade e de todos os lucenses, do mesmo xeito que é un agradecemento a todos os alcaldes que pasaron polo Concello de Lugo nas últimas décadas e foron dando pasos para poñer en valor a nosa Muralla”, dixo.

Olga Louzao explicou de onde ven o nome de Muralla Viva. “Nos anos 70 púxose en marcha o proxecto Muralla Limpa, que consistiu en retirar as casas que había pegadas á Muralla. Comezouse no ano 1972 e retiráronse 85 edificacións. Muralla Viva é dar un paso máis e consiste en ir retirando paulatinamente os coches que circulan tamén pegados á Muralla”, comparou.

Liberando un carril de circulación, segundo a agrupación, sería posible ampliar as beirarrúas tanto na Ronda da Muralla como na Avenida da Coruña, actualmente moi estreitas, para gañar espazo para os peóns e habilitar un carril bici específico para ciclistas, para que as bicicletas poidan ir tamén en sentido contrario ao da circulación “con seguridade e sen necesidade de ter que ir polas beirarrúas”.

Reducir de dous a un os carrís de circulación serviría tamén para reducir a anchura da vía e, de facto, reducir tamén a velocidade de circulación dos vehículos e o cumplimento efectivo do límite de velocidade a 30 quilómetros/hora, facendo compatible deste xeito a circulación de coches e bicicletas.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. julin
    Mar 11, 2019 - 09:27 PM

    Una locura con la cantidad de tráfico que hay X la ronda y la casa no se puede empezar X el tejado, n… https://t.co/MhpB2tiAP7

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com