" />

Cs propoñerá no próximo pleno a creación dun aparcadoiro disuasorio para a zona centro

A O concelleiro de Cs, Juan Vidal-Pardo, anunciou esta mañá que o seu grupo municipal propoñerá á corporación no pleno ordinario que se celebra o próximo día 28 a creación dun aparcadoiro disuasorio para dar servizo á zona centro. “En 2017 a alcaldesa, Lara Méndez, anunciou que se levaría a cabo a reorganización das prazas dos aparcamentos subterráneos do centro de Lugo como consecuencia das súas reducidas dimensións, que provoca que moitos usuarios desistan de facer uso destas instalacións. Con esta remodelación, que esperemos lévase a cabo canto antes, reducirase de forma significativa o número de prazas, que se estima nun 30% segundo os cálculos do propio Goberno local, o que supoñería eliminar 200 prazas das 739 existentes. Isto sen dúbida agravará o déficit de estacionamentos. Por iso é necesario anticiparse e dar solucións dunha vez por todas ao problema crónico de estacionamento na zona centro”, sinalou o concelleiro da formación laranxa.

Vidal-Pardo considera que o problema da falta de aparcamento está directamente relacionado coa perdida de actividade económica que o centro de Lugo está sufrindo nos últimos ano. “Cada vez atopamos máis locais comerciais baleiros, e os que conseguen sobrevivir á actual situación que estamos vivindo, atópanse con dificultades que converten a o seu día a día nunha loita constante pola supervivencia. Por iso é necesario crear máis prazas de aparcamento nas inmediaciones da zona centro, o que sen dúbida servirá de acicate para o comercio local, facilitando aos cidadáns o acceso ao centro histórico con maior rapidez e comodidade e así mesmo incrementar o ritmo da súa peonalización. Deste xeito permitirase que este área comercial poida competir en igualdade de condicións con outros espazos comerciais do municip”, sinalou.

Cs considera que a creación de novas prazas de aparcamento debe levarse a cabo mediante a creación dun aparcadoiro disuasorio aproveitando solares municipais, ou buscando o uso e aproveitamento doutras parcelas idóneas para este fin, labor que ten que levar a cabo o equipo de goberno sen poñer excusas. De forma paralela a esta iniciativa, Cs insta ao executivo a sexa creativo e realice as xestións oportunas coas diferentes administracións titulares dos edificios públicos situados nas inmediacións do casco histórico co obxectivo de poñer a disposición dos veciños os seus aparcadoiros nos horarios compatibles coa súa propia actividade. “Se queremos ter unha cidade na que o peón sexa a prioridade é vital que o executivo local aporte solucións para que a nova mobilidade  avance de forma definitiva e que este avance non destrúa os hábitos de consumo, evitando deste xeito que o casco histórico convértase nun deserto”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo