Cs urxe ao Goberno local arranxar a rúa Doutor Iglesias Otero

A portavoz municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a que execute de xeito urxente unha actuación integral na rúa Doutor Iglesias Otero, no barrio da Ponte. “Esta rúa, actualmente moi transitada, atópase nun estado deplorable. Presenta un firme deficiente, un trazado irregular, carecen de beirarrúas e os peóns sofren unha ausencia total de alumeado público desde o hospital Polusa ata o centro deportivo Forus. Existe un risco real de seguridade vial”, sinalou a edil da formación laranxa.

Cs Lugo considera que o Concello debe actuar de inmediato, xa que o abandono desta vía é total desde fai anos malia que se trata dunha rúa moi transitada pola presenza do centro sanitario Polusa e o centro deportivo Forus, ambos moi concorridos. “A partir das sete da tarde concéntrase un gran número de vehículos pola afluencia aos equipamentos lozalizados nesta zona. Hai vehículos que estacionan na cuneta e dificultan o tránsito dos peóns que teñen que camiñar pola calzada. Ademais o risco multiplícase debido a que no tramo desde Polusa ata o centro deportivo non existe alumado público”, engadiu.

“Non podemos entender como o Concello abandona deste xeito unha rúa cunha importancia estratéxica como esta. Non é a única que presenta deficiencias desde o punto de vista da seguridade vial no barrio da Ponte. Existen moitas máis, pero esta presenta un volume de tráfico innegable e por iso é urxente e necesario tomar medidas xa”, apuntou a portavoz de Cs Lugo. Ademais Louzao considera que é necesario dotar a esta zona de beirarrúas ou camiños para peóns xa que carcen dun itinerario definido e é necesario reducir o risco e garantir a seguridade dos transeúntes. Do mesmo xeito é urxente instalar sinalziación horizontal para completar a mellora e delimitar as zonas de aparcadoiro.

“Existen zonas da cidade totalmente marxinadas por este Goberno, e o barrio da Ponte é unha clara mostra deste abandono. Os lucenses padecemos unha ausencia total de investimentos para zonas como esta, e en xeral para todas as zonas periurbanas do municipio que, de novo, voltan ser esquecidas polo Goberno bipartito nos orzamentos para o próximo exercicio. A rúa Doutor Igrexas Otero é un exemplo moi evidente”, concluíu.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 04, 2019 - 10:17 PM

    Outra máis para a lista. Políticos!!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo