Cultura activa o proceso para cubrir o posto de director da Banda e a Escola de Música Municipal

O Goberno local vén de anunciar que a área de Cultura está a traballar nun novo proceso para a selección de persoal, esta vez, para cubrir o posto de dirección para a Banda Municipal de Música. O voceiro do goberno indicou que dende a área se desistiu o procedemento anterior, que fora iniciado na Xunta de Goberno do 13 de marzo deste ano, onde se propoñía o nomeamento dun director en Comisión de Servizos. Membros do goberno indicaron que “este procedemento se desestima por non recibir a autorización da Xunta dado que o funcionario proposto para o nomeamento viña desa administración”. Ademais, “existían informes desfavorables ao nomeamento realizados por técnicos municipais e recursos sindicais”, indicou o tenente de alcalde. 

A área de Cultura iniciará un novo procedemento “para a provisión definitiva segundo a regulamentación vixente”. 

Asemade, o goberno anunciou tamén que “se creará unha lista de substitucións para as especialidades da Banda e da Escola Municipal de Música”. En concreto, abrirase o proceso para crear listas de: frauta, clarinete, saxofón, fagote, trompa, trompeta, trombón, bombardino – tuba, piano, gaita e percusión. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo