Cultura entregará libros a todas as persoas que se acheguen ao Concello este venres

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua no Concello de Lugo anunciou que mañá, co gallo da celebración do Día do Libro, todas as persoas que se acheguen á Casa do Concello entre as 10 e as 14 horas recibirán un libro como agasallo. “Entregaranse a todas as veciñas e veciños unha serie de obras procedentes do fondo bibliográfico municipal”, explicou.

A edil de Cultura lembrou que “o ano pasado quixemos destacar a importancia da literatura durante o confinamento cunha iniciativa na que recompilamos as obras preferidas da veciñanza”, e explicou que “este ano, queremos que toda a veciñanza de Lugo coñeza o fondo literario co que contamos no Concello, facilitando que todas as persoas teñan a posibilidade de ter un libro ao seu carón”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com