" />

“Cultura do País” prosigue co seu ciclo de documentais “Enxergando o País”

Cultura do País continúa coas proxeccións da segunda edición do Ciclo de documentais ‘Enxergando o País’ cunha sesión dedicada ao filme ‘As pedras de San Lourenzo’ (31’) 2016, de Manuel Gago, Soledad Felloza e Xurxo Ayán(Lugo,1976), arqueólogo e investigador da Universidade do País Vasco, estará presente na proxección.

Este filme é unha aproximación ao proxecto arqueolóxico do Castro de San Lourenzo, que procura dinamizar o patrimonio cultural e a memoria da parroquia de Cereixa (Pobra de Brollón). Trátase dun documental que non fica no científico senón que se adentra en como o patrimonio está gravado ou vinculado aos sentimentos das persoas: ás súas vidas, ás súas esperanzas ou ás súas memorias.

Lugar: Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, 1-baixo 5)

Día e hora: Venres 10 de febrero, ás 20.30 horas

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo