Cultura do País reúne o seu Club de Lectura arredor de ‘Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral’

Cultura do País retoma as sesións do seu Clube de Lectura cunha xornada dedicada ao libro ‘Contos Colorados. Narracións eróticas da tradición

Estes ‘Contos colorados’ son unha mostra ampla e representativa das narracións eróticas da tradición oral de Galiza. Máis de duascentas narracións tradicionais reelaboradas e coidadosamente anotadas, que amosan unha galería de maridos cornudos, curas putañeiros, acólitos e sancristáns luxuriosos, esposos cansos e pouco espelidos, casadas infieis, monxas lascivas, episodios de zoofilia, artes e enganos de amantes e queridos, descarnadas burlas de todo tipo de comportamentos sexuais… pero en definitiva veñen sendo a plasmación de como asume ou entende unha sociedade tradicional, hoxe en quebra, determinados valores. Ao acto asistirá o escritor Xosé Miranda un dos autores do libro.

O acto desenvolveráse o venres 12 de maio ás 20:30 no Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, nº 1-baixo 5)

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com