" />

Darío Campos e José Manuel Balseiro visitan o Resurrection Fest

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, asistiron onte ás 20:00 horas, á constitución do Posto de Mando Avanzado (PMA), do festival Resurrection Festde música metal e rock máis importante de España, que se celebra na localidade ata hoxe. O Presidente e a Alcaldesa mantiveron un encontro cos profesionais do PMA que velan pola seguridade de miles de persoas durante estes días.

Noutra banda, o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, trasladouse hoxe ata Viveiro para supervisar o funcionamento do operativo posto en marcha pola Axencia Galega de Emerxencias (Axega) dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, con ocasión do Resurrection Fest.

O operativo principal está composto polos vehículos que integran o Posto de Mando Avanzado, entre eles un camión articulado que permite trasladar ao lugar da incidencia unha sala de operacións, coordinación e xestión de recursos. Está dotado coa última tecnoloxía, o que garante as comunicacións aínda nas condicións máis adversas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo