Darío Campos, investido como alcalde da Pontenova

O Alcalde da Pontenova e Presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, tomou este sábado posesión como rexedor do Concello tras acadar a maioría absoluta nas Eleccións Municipais. O PSOE da Pontenova obtivo o 72% dos votos, máis de 1.000 escanos, logrando 8 dos 11 Concelleiros que forman a corporación municipal e mellorando os resultados dos pasados comicios.

Campos Conde agradeceu “o amplo apoio dos veciños” e subliñou que “isto énchenos de confianza para seguir traballando e mellorando a calidade de vida dos pontenoveses. Formamos un equipo de Goberno cunha implicación incuestionable, que se implica no día a día dos pontenoveses para coñecer a realidade da xente e, deste xeito, atenden rapidamente as necesidades que nos demandan. Iso soubérono valorar os cidadáns, amosando a súa confianza no PSOE nas urnas, e nós imos seguir traballando para seguir respondendo ante eles”.

O Alcalde convidou á oposición a deixar de lado as discusións estériles e poñerse a traballar de verdade pola Pontenova, aportando ideas e iniciativas aos plenos.

“Neste novo mandato o noso principal obxectivo é abrir e poñer en marcha a residencia e centro de día para que os nosos maiores teñan unha prestación fundamental no seu Concello, ao carón das súas familias. Durante estes 4 anos iniciamos os trámites necesarios para a súa construción coa adquisición e escritura dos terreos e agardamos iniciar as obras o antes posible”. O Alcalde da Pontenova tamén salientou o proxecto da tirolina de 330 metros que unirá a antiga mina co forno de Boulloso, así como seguir mellorando as prestacións públicas das parroquias do rural.

O Alcalde da Pontenova estará arroupado no Goberno Municipal polos Concelleiros do PSOE, Isabel Couto González, Francisco Martínez Bermúdez, Manuel Alonso López, Francisco Javier Rois Freijo, Jesús Cabodevila Fernández, Ana Belén Quintela López e Tomás Meilán Saavedra.

Novas relacionadas

  1. José Ramón Vázquez
    Xuñ 16, 2019 - 03:56 PM

    Espero siga siendo el presidente de la Diputación, sin interferencias ni imposiciones

    Reply
  2. Toño Pereiras Ferreiro
    Xuñ 15, 2019 - 08:14 PM

    PARABENS DARIO

    Reply
  3. Antonio Castro
    Xuñ 15, 2019 - 07:29 PM

    NORABOA ALCALDE E COMPAÑEIR@S,
    E O PRÓXIMO PRESIDENTE DA DEPUTACION DA PROVINCIA DE LUGO

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com