Darío Campos recibe ao Presidente RAG

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, mantivo este luns un encontro co novo Presidente da Real Academia Galega, Victor Fernández Freixanes. Con esta reunión é coa que o Presidente da RAG inicia a rolda de encontros cos Presidentes das Deputacións Galegas. O Goberno da Deputación mantén unha estreita colaboración coa RAG coa que axuda a garantir o seu funcionamento.

Na xuntanza mantida no Pazo de San  Marcos entre Campos e Freixanes Conde tamén participaron o secretario da RAG, Henrique Monteagudo, e a deputada de Cultura, Pilar García Porto. Os proxectos da Academia para 2018 e os seus orzamentos do vindeiro ano, nos que os representantes da RAG animaron á Deputación de Lugo a ampliar a súa colaboración, centraron boa parte da reunión.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo