Davide Salvado e Pedro Pascual pechan o ciclo MusicAD da Deputación

A Capela de Santa María acollerá mañá ás 20:30 horas o concerto de Davide Salvado e Pedro Pascual co que se clausura o MusicAD, a programación musical totalmente gratuíta para os lucenses que o Goberno da Deputación decidiu pór en marcha durante o mes de marzo nesta capela.

Davide Salvado e Pedro Pascual interpretarán mañá Lobos, o último traballo do artista marinense. Unha das voces máis carismáticas da nosa comunidade, de formación autodidacta, e que leva media vida percorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas, Davide Salvado, foi aprendendo na súa andaina de todas esas mulleres que se atopou. No seu intento de aprender a tradición musical da nosa comunidade, empapouse tamén do xeito de vivir, e enamorouse da nosa provincia, quedando a vivir nela.

Pola súa parte, Pedro Pascual (acordeón e cordas) é o produtor do último disco de Davide, Lobos, ademáis na actualidade toca no grupo Talabarte e ten una ampla traxectoria en bandas tan coñecidas como Marful.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com