Dende hoxe e ata o día 29 de maio estarán expostas as listas provisionais dos solicitantes de prazas para as escolas infantís municipais

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral informa que dende mañá xa se poden consultar as listas provisionais de admitidos, a lista de agarda e a lista de desestimados dos solicitantes de praza para as escolas infantís municipais para o curso escolar 2015/2016 que estarán expostas ata o día 29 de maio para as reclamacións pertinentes.

A partires do 1 de xuño publicaranse as listas definitivas e a información correspondente aos prazos e documentación necesaria para formalizar matrícula aos admitidos.

As listas están publicadas no taboleiro de anuncios do Edificio Administrativo do Concello, na Concellería de Educación situada no Centro de Convivencia Uxio Nononeyra, nas catro escolas infantís municipais e no 010.

Un ano máis o número de solicitudes, máis de 450, supera considerablemente as prazas libres de novo ingreso que eran 143 o que indica a gran aceptación das Escolas Municipais Infantis e a necesidade de novas prazas de garderías en Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com