Denuncian a “odisea” de coñecer o estado dun paciente no Hula

A presidenta da asociación contra a vionlencia de xénero Si, hai saída, Marta Rodríguez Engroba, vén de denunciar mendiante as redes sociais a “inútil odisea” que supón para acompañantes e familiares coñecer a información relativa ao estado de saúde dun paciente no Hula.

Pese a que a Lei de Protección de Datos prohibe aos centros facilitar esta información mediante vía telefónica, o único medio para acceder a ela é acudir á hora fixada na que o médico titular proporciona esta información na visita rutinaria. Unha hora fixada que, segundo Rodríguez Engroba, é “meramente orientativa” xa que, por mor das numerosas visitas que teñen os médicos, igual “pasan tranquilamente 2 ou 3 horas, e todo isto en horario laboral”. 

O problema vén cando, tal e como afirma Rodríguez Engroba, nunha familia non hai ninguén que poda estar presente no momento que pasa o facultativo pola habitación. “Se queres saber como está esa persoa, deberás faltar ao traballo día tras día, ou resignarte a non ter noticia algunha sobre o seu estado. Non hai plan B”, expresa a presidenta de Si, hai saída no seu Facebook que lembra que, “non todas as familias son numerosas, e no caso que coñezo, por exemplo, só dúas persoas poden ocuparse disto, dúas persoas que traballan e, unha delas, nin sequera vive en Lugo”. 

Marta Rodríguez entende a importancia das normas para todo o mundo pero tamén cre que se podería “considerar a posibilidade de mudalas ou facelas un pouco máis flexibles”. Ante esta situación, pide “humanidade” e “emparía”. “Vivimos nunha sociedade rexida por un sistema dos que soamente se benefician os que teñen moito tempo libre. P resto, nin contamos nin temos dereitos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo