" />

Deporte e diversión protagonizarán a oitava edición dos campamentos de verán Lumieira Cup

O Deporte e a diversión serán os protagonistas da oitava edición dos campamentos de verán da Lumieira Cup 2016, que se desenvolverán do 4 ao 29 de xullo no Concello de Lugo.

Durante o acto de presentación do evento, o concelleiro de Deportes, Miguel Fernández destacou que “neste campamento contémplanse máis de corenta modalidades deportivas, como judo, baloncesto, padel, piragüismo, entre outros; todo nun ambiente lúdico, no que os rapaces e rapazas aprenden realizando actividades deportivas ao tempo que se fomentan os valores de solidariedade, o respecto ou o esforzo”.

Por outra banda, a concelleira de Benestar, Ana González Abelleira explicou que “estas actividades facilitan a conciliación familiar e que se financian 8 prazas para nenos e nenas con discapacidade, para que poidan conseguir esas habilidades sociais”.

O campamento está dirixido a 200 nenos e nenas, 50 por semana, de 5 a 13 anos e desenvolverase de luns a venres, de 9:30 a 19:30 horas, en diferentes instalacións, con punto de partida dende a Facultade de Formación do Profesorado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo