Deportes licita a renovación do céspede dos campos de fútbol das Gándaras

Este próximo xoves, a concellería de Deportes do Concello de Lugo pretende aprobar o proxecto de obra e o prego de cláusulas administrativas así como do gasto para a substitución do céspede artificial nos campos de fútbol municipal de As Gándaras I (241.492’82€) e II (255.376’02€).

Unha intervención que suporá un investimento próximo ao medio millón de euros, coa que se persegue mellorar o estado destas instalacións deportivas moi frecuentadas polos clubes e equipos da cidade para os seus adestramentos así como para a celebración de diferentes competicións e torneos.

Por outra banda, o concelleiro de Deportes e Medio Rural anunciou tamén que na Xunta de Goberno local desta semana sacaranse a licitación varias actuacións para o arranxo de infraestruturas viarias no rural cun orzamento total de 139.953’59 euros.

“Trátase de obras da rexeneración do firme en tres estradas que precisan dunha reparación inmediata para corrixir o deterioro que presentan – indicou Miguel Fernández – como son a de Santa Eufemia, en Calde, por valor de 9.232’08€; na parroquia de Esperante, cun custo estimado de 102.099’95€ e en Santo Matías, na zona do Veral, que ten un presuposto de 28.621’56€

“Ademais, procederase a autorizar a prórroga, durante un ano, do contrato que mantemos coa Canteira do Penedo, para a subministración de grixo compacto e grava miúda, por importe de 50.000 euros e que finalizará o 18 de xaneiro de 2021”.

Noutro orden de cousas, o portavoz socialista adiantou que na última sesión do ano  o executivo local dará o visto bo para iniciar o procedemento de adquisición de calzado (12.610’76€) e pezas de  uniformidade como faixas lumbares, bridas e portaplacas (88.098’06€) para a Policía Local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com