" />

Deportes ofrécese a colaborar coa Xunta e o Concello de Lugo para ampliar as instalacións deportivas na cidade

O deputado de Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica, Efrén Castro, ofreceuse a colaborar coa Xunta de Galicia e o Concello de Lugo para achegar unha solución á insuficiencia de instalacións deportivas da cidade.

O deputado provincial explicou que “ante a deficiencia de instalacións que arrastra a cidade, ofrecémonos a abrir un diálogo coas outras administracións, nomeadamente coa Xunta de Galicia e co Concello de Lugo, para tratar de solucionar o problema, coa ampliación das dotacións existentes ou a construción doutras novas”.

Nesa liña, Castro subliñou que “a Área de Deportes contribuiría a mellorar as dotacións de existir un compromiso firme das administracións que teñen as competencias para iniciar e levar adiante estes proxectos”.

A Deputación de Lugo ten a titularidade do Pazo Provincial dos Deportes e mais os pavillóns anexos que pon a disposición dos clubs de base para os adestramentos semanais e as competicións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo