Deputación, Concello de Lugo e USC promoven o XXIV Festival de Teatro Universitario

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o Concelleiro de Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro Villares, e a Vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carmen Silva Domínguez, presentaron este mércores, na Capela de Santa María, unha nova edición do Festival de Teatro Universitario. Unha iniciativa  enmarcada dentro do Lugo Cultural, o convenio de colaboración da Deputación, Concello de Lugo e a USC, na que o Executivo Provincial colabora cunha achega de 20.000 euros.

O festival celebrarase dende o 13 ao 21 de marzo no Auditorio Gustavo Freire e a entrada é completamente gratuíta. Os tíckets da obra WK retíranse na Oficina de Cultura situada na Vicerreitoría de Coordinación, máximo 2 por persoa, o día 9 de marzo de 10:00 a 14:00 horas.

Vidal Baamonde explicou que “o Goberno da Deputación colabora de maneira activa coa USC na posta en escena do Festival de teatro Universitario, a través do Lugo Cultural, para ofrecer un amplo cartel de actividades totalmente gratuítas vinculadas coas artes escénicas. Unha iniciativa coa que promovemos e impulsamos o traballo dos artistas da  nosa provincia e que ten unha gran acollida entre o público lucense.”

Nesta XXIV edición do Festival de Teatro Universitario presentaranse as diferentes propostas de teatro universitario de Ourense, Santiago de Compostela e tamén da provincia de Lugo, que conta cunha fonda tradición teatral, sobre todo no ámbito universitario. Estas compañías interpretarán os microproxectos nos que traballan estudantes de artes escénicas que se atopan fora de provincia luguesa. A compañía de teatro da USC aposta este ano por un estudo teatral sobre Woyzeck e Kantor.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com