Deputación, Concello e tecido asociativo animan á cidadanía a participar na Quedada pola Igualdade de Xénero

A Deputación, o Concello e tecido asociativo,  convidan á cidadanía a sumarse á Quedada pola Igualdade reivindicativa para conmemorar o Día Internacional da Muller, o vindeiro 8 de marzo, ás 19:00 horas diante da Praza de San Marcos. A Deputada de Ensino, Educación, Economía do Coñecemento, Igualdade e Mocidade, María Loureiro, acompañada pola Concelleira de Igualdade de Lugo, Ana Abelleira, e as  representantes de FADEMUR, Patricia Roca e Sofia Arias, da asociación de Empresarias, Patricia Varela, das Autónomas de Lugo, Marta López e da Federación de Veciños, Fernando Rois e Jose M. Carballo, anunciou este venres que están convidando a todos os colectivos da provincia para que se sumen a este encontro.

María Loureiro declarou que “animamos a todos os veciños para que o dia 8, ás 19:00 horas, diante do Pazo de San Marcos, participen nesta xornada reivindicativa. O que queremos é sumar esforzos para reclamar a igualdade de oportunidade entre homes e mulleres”.

Asemade, a Deputada avanzou algunha das actividades que haberá nese encontro “lerase un manifesto, amosaremos varios vídeos para poñer en valor o importante valor das mulleres, e colocaremos varios paneis na Praza de San Marcos para que a xente nos deixe a súa frase pola igualdade”, pero anuncia que haberá mais sorpresas. Loureiro subliñou que é moi necesario conmemorar esta data “os datos falan por si mesmos, hoxe as mulleres temos que traballar 79 días máis ao ano para recibir as mesmas retribucións que os homes,  e na nosa Comunidade o 50% das mulleres activas están por debaixo do umbral da pobreza”, resumiu.

Pola súa parte a Concelleira de Igualdade en Lugo, Ana González Abelleira anunciou que o Concello de Lugo “organiza un Concerto Solidario ProRefuxiados, no Auditorio Gustavo Freire ás 21:00 horas”. As entradas poden retirarse en www.ticketea.com, o recadado ira destinado integramente a Medicos sin Fronteras.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com