" />

A Deputación destina 35.000 euros para actividades na Estación Científica do Courel

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, xunto á Alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro Ochoa; e ao Catedrático da USC, Antonio Rigueiro, inauguraron este sábado a V Xornada de iniciación á micoloxía da estación científica do Courel. Con esta iniciativa que organiza a Universidade de Santiago de Compostela coa colaboración do Executivo Provincial, ofrécese unha visión e descrición sobre os principais cogomelos comestibles e velenosos cos que conta Galicia, achegando coñecementos básicos sobre as súas características ecolóxicas, para poder realizar unha correcta identificación e previr futuras intoxicacións polo seu consumo. Esta actividade está enmarcada dentro da colaboración de 35.000 euros que o Goberno da Deputación realiza á Estación Científica do Courel da USC.

Fernández Queipo subliñou que “dende o Executivo Provincial continuamos impulsando o estudo dos recursos naturais que hai na provincia co obxectivo de poder empregalos para ampliar a oferta turística e económica lucense. Durante os últimos anos, ten aumentado moi notablemente o interese polo aproveitamento micolóxico, debido á súa importancia ecolóxica, nutricional, gastronómica e, ademais, lúdico turista. Con esta xornada que organizamos Deputación e USC, os participantes coñeceredes in situ, a riqueza e a diversidade de especies
de cogomelos coas que contamos na nosa provincia.”

Durante a xornada, as ducias de participantes realizaron unha sesión práctica no monte do Courel para o estudo e  recoñecemento dos cogomelos nos seus hábitats naturais, así como unha revisión posterior dos exemplares recolleitos nas instalacións da Estación Científica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo