Deputación e Accem conmemorarán o Día Mundial dos Refuxiados

O Executivo Provincial súmase aos actos organizados por Accem Lugo con motivo do Día Mundial dos Refuxiados, que se celebra este vindeiro mércores, 20 de xuño. Deputación e Accem ofrecen ao longo desta semana, na capital lucense, diferentes actividades como unha charla a cargo dun refuxiado, a proxección dunha longametraxe, unha exposición de fotografías, así como mesas de información sobre os refuxiados e a inmigración en librarías e bibliotecas da cidade de Lugo.

A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo subliñou que “dende as institucións públicas temos que comprometernos a axudar a todas estas persoas que, por culpa da violencia e da guerra, vense obrigadas a fuxir dos seus fogares para salvar as súas vidas e atopar novas e mellores oportunidades para as súas familias. Con esta programación de actividades, totalmente gratuítas, dende o Goberno da Deputación e Accem, queremos visibilizar o grande problema co que contamos na actualidade en Europa, e sensibilizar á poboación sobre a realidade dos refuxiados, pois un testemuño, unha fotografía, a literatura ou o cine son ferramentas e instrumentos de cambio social”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com