" />

A Deputación e CB Breogán únense á campaña #CierraUNICEF

A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, xunto á Presidenta do Comité de Galicia de UNICEF, Myriam Garabito, e o Presidente do CB Breogán, Jesús Lázare Rincón, presentou este luns unha nova campaña de concienciación social, enmarcada dentro do contrato de patrocinio asinado polo club celeste e a Deputación para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto.

López Izquierdo adiantou que “o vindeiro encontro do CB Breogán no Pazo dos Deportes, o sábado 8 de abril ás 19:15 horas, estará dedicado a difundir a campaña #CierraUNICEF, co obxectivo de recadar fondos a favor da infancia. Deste xeito, animarase a todos os asistentes a aportar o seu gran de area mediante un donativo a través do teléfono 900 907 133, ou ben enviando un SMS co texto UNICEF ao 2802. Ademais, antes do comezo do encontro haberá voluntarios nas instalacións do Pazo ofrecendo a posibilidade de facerse socios desta entidade”.

#CierraUNICEF

Nos seus máis de 70 anos de historia UNICEF contribuíu a mellorar a situación de millóns de nenos en todo o mundo e a conseguir logros que parecían imposibles. Con todo, en 2017 segue habendo realidades inaceptables como 50 millóns de nenos que sofren desnutrición aguda ou 61 millóns que non van á escola. Por iso UNICEF Comité Español lanza a campaña #CierraUNICEF. Se algún día se lograse ese peche significaría que ningún neno morrería de fame, de frío, ou debido a enfermidades que se poden prever como unha simple diarrea

O obxectivo da campaña é lograr unha gran mobilización de cidadáns, empresas e administracións para conseguir os fondos necesarios que permitan seguir poñendo en marcha programas a favor da infancia e, entre todos, lograr un mundo mellor para todos os nenos. A Deputación e o CB Breogán, a través do contrato de patrocinio que asinaron, súmanse a esta campaña para contribuír deste xeito a que un día UNICEF non sexa necesario.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo