Deputación e Concello impulsan unha nova edición dos Premios Son Muller

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, a Concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, a presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (AELU), Beatriz Varela Regueira, e o director territorial de Abanca en Lugo, Javier Soto, participaron esta mañá na presentación da II Edición dos Premios Son Muller, organizados por AELU e que conta coa colaboración da Deputación e do Concello de Lugo.

Rivera Capón sinalou que “dende a Deputación colaboramos con este tipo de iniciativas porque contribúen a visibilizar, poñer en valor e promocionar o traballo das mulleres como piar económico da nosa provincia”. A Deputación colabora con estes premios cunha achega económica de 3.500€ e cun vídeo promocional elaborado polo departamento de Servizos Audiovisuais.

As empresarias e emprendedoras lucenses interesadas en participar nos Premios Son Muller poden inscribirse ata o día 8 de decembro. As bases e a información sobre o certame atópanse en www.empresariaslugo.org ou no 982.22.69.91. Estes premios están destinados a emprendedoras e empresarias lucenses, que teñan o seu domicilio social e fiscal como empresa na provincia, que estean dadas de alta como autónomas ou sexan parte dunha sociedade empresarial, así como que cumpran coas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo