Deputación e Concello inician os traballos de mellora da estrada do Burgo

O Voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, e o Concelleiro de Medio Rural de Lugo, Miguel
Fernández, supervisaron esta mañá o inicio dos traballos de mellora que Deputación e Concello de Lugo realizan na estrada LU-P- 2901, a vía que vai da LU-232, por O Burgo e Vilamaior de Negral, a Palas de Rei.

Santos Ramos e Fernández Méndez lembraron que estas son actuacións coas que o Gobernos Provincial e Local responden a unha demanda dos veciños da zona, que solicitaban a mellora dun treito desta vía na que, por mor da acumulación de augas, se producen fochancas.

Son obras das que se beneficiarán centos de persoas que empregan a diario esta estrada. A LU-P-2901 ademais de conectar Friol e Palas de Rei polo Burgo, dá acceso a ducias de veciños das parroquias da zona, que a empregan de xeito habitual pois tamén conecta con Guntín. Algunhas destas parroquias son Xanaz, Castrelo, A Retorta, Poutomillos, Bacurin, San Pedro de Mera e Vilachá de Mera.

As actuacións están dirixidas a incrementar a seguridade na circulación dun treito desta vía. As obras consisten na mellora do drenaxe dun treito da mesma, co fin de evitar as acumulacións de auga que derivan no deterioro do firme e producen a aparición de baches.

Concretamente, construirase unha taxea conectada con 100 metros con tubaxes coas que mellorar o desaugue desta zona. Ademais, tamén se realizarán melloras nun treito do firme que se atopa deteriorado.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Denuncia Lugo
    Xan 23, 2019 - 11:59 PM

    @depulugo Xa está o Álvaro Santos chupando cámara, pero home deixalle sair nas fotos das corredoiras… https://t.co/kSaiyYUDxV

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com