Deputación e Goberno Central desenvolven un plan de emprego para xerar 50 postos e 6 empresas

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, informou hoxe que o Goberno da Deputación porá en marcha, en colaboración co Goberno Central, un novo plan para a xeración de emprego no rural da provincia. Trátase dun proxecto dotado de 200.000 euros cos que os Concellos poderán solicitar axudas para formar a rapaces de 16 a 30 anos de idade, e insertalos laboralmente. A través desta programación, dirixida a un total de 55 Concellos da provincia, todos eles de menos de 5.000 habitantes e con saldo vexetativo negativo nos últimos 10 anos; espéranse crear un mínimo de 50 novos empregos e 6 novas empresas.

López Izquierdo explicou “por vez primeira, unha administración pública a nivel estatal, como é o Goberno do Estado, mostra preocupación polo rural, e pola xeración de emprego. Grazas ao Real Decreto 1234/2018 aprobado polo Executivo de Pedro Sánchez ofrécense novas solucións para o rural, a través de subvencións directas ás propias entidades locais que son as que mellor coñecen as necesidades do seu territorio”.

A Deputada apuntou que “dende o Executivo Provincial buscamos crear un mínimo de 50 novos empregos e 6 empresas, e cumprir así os obxectivos marcados con esta programación. Este é o mínimo que establecemos, que incrementaremos con máis fondos no caso de poder crear novos postos de traballo no rural lucense. O que buscamos é xerar emprego nos municipios da nosa provincia e facer fronte a un dos problemas máis importantes aos que nos enfrontamos: o despoboamento”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo