A Deputación e o Concello colaborar para achegar a música e a danza aos universitarios coa aposta do Lugo Cultural

A Deputación e o Concello de Lugo colaboran para achegar aos universitarios unha nova proposta de lecer, coa iniciativa Lugo Cultural posta en marcha entre as dúas institucións e a Universidade de Santiago de Compostela.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto a Concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, e a Vicerreitora de Servizos Universitarios Do Campus de Lugo, Carmen Silva, presentaron esta mañá a XV edición do Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC, incluído dentro do Lugo Cultural.

O Encontro é un foro artístico, pioneiro en Galicia e tamén dos máis lonxevos do panorama universitario español, que congregará os días 19 e 20 de abril na caixa negra do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) cinco compañías de danza, nacidas ao abeiro do Espazo de Danza da USC, que presentarán distintas producións propias.

Esta nova edición do Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC está enfocada a darlle visibilidade ao traballo propio, unha produción cada vez maior e de probada calidade. A entrada é libre e gratuíta para todas as representacións ata completar aforo.

Quince anos despois da primeira edición dos encontros universitarios de danza contemporánea na USC, esta modalidade de expresión artística ten acadado unha dimensión transversal entre os membros da comunidade universitaria da institución académica compostelá.

A creación e permanencia ao longo dos anos de dúas compañías propias nos campus de Lugo e de Santiago, así como a evolución de unha formación nada ao abrigo da USC que agora comezan a súa andaina de xeito independente ou, a máis recente posta en marcha, dunha compañía de danza integrada por persoas maiores de 60 anos inscritas en estudos de IV Ciclo Universitario dan mostra das fondas raíces trenzadas pola danza na USC.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com