" />

Deputación e Xunta aproban a xestión directa dos parques comarcais de bombeiros

O Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento de Lugo, integrado pola Xunta de Galicia e a Deputación, aprobou hoxe a xestión directa dos parques comarcais dependentes do organismo: Barreiros, Viveiro, Vilalba, Chantada, Sarria e Monforte de Lemos. A decisión tomouse nun Pleno do Consorcio, ao que asistiron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; o presidente da Deputación, Darío Campos conde, e o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro.

O modelo de xestión proposto por Campos Conde, e aprobado por unanimidade, supón un aforro de 260.000 euros ao ano, a subrogación dos 117 profesionais que ofrecen este servizo e a mellora das súas condicións laborais. Por exemplo, pasarán a ser considerados como profesionais de actividades de risco.

Son 75 bombeiros, 36 cabos e 6 xefes de parque que, tal e como reivindicaban estes profesionais, pasarán a ser persoal laboral dos parques que forman parte do Consorcio Provincia. Esta medida engádese á equiparación salarial e que se conseguiu no mes de xuño, supoñendo que os 117 traballadores dos parques de bombeiros da provincia de Lugo por fin cobren exactamente o mesmo que o resto dos seus compañeiros en Galicia.

Ditas propostas baseáronse en informes xurídicos e económicos realizados pola Deputación de Lugo, que garanten a viabilidade da xestión pública dos parques de bombeiros. O cambio no modelo de xestión dos parques de bombeiros é unha proposta feita polos Presidente das Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra á Xunta de Galicia xa no 2016.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo