Deputación e Xunta rozan as estradas provinciais que son da súa competencia

A Deputación de Lugo, comezará os traballos, de maneira simultánea nas 24 zonas nas que se divide a roza dos 4.200 quilómetros de vías de titularidade da institución. Tal e como xa avanzou José Tomé durante o Pleno ordinario celebrado o pasado martes, “será a primeira vez en moitos anos que os desbroces das estradas provinciais comezan o día 1 de xuño co fin de que no mes de xullo estean totalmente rematados os traballos nos 4.200 quilómetros de vías provinciais”. As rozas mellorarán a seguridade viaria e a calidade e comodidade dos condutores,

Rozas da Xunta

Pola súa banda,  a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, está a realizar estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de 30 vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

Estes actuacións, que xa comezaron a semana pasada, desenvolveranse a partir do luns na provincia, na LU-862, no Vicedo; Ao longo da semana pasada, estas obras leváronse a cabo xa nas marxes de vías das contornas da Mariña luguesa e do Baixo Miño.

Os traballos continuarán nas próximas semanas noutras estradas da comunidade autónoma ata ter finalizados en xullo todos os labores programados.

Novas relacionadas

  1. Marola Canto Arena
    Xuñ 01, 2020 - 11:28 AM

    No municipio de Lugo, fora de muralla ainda non empezaron. Será como as mascarillas que iban a repartir…..

    Reply
    • Berta Teijeiro Fernández
      Xuñ 01, 2020 - 11:44 AM

      Marola Canto Arena as máscaras si se repartiron, para os nenos maiores de 3 anos era, fai días que as teño na casa, e non vivo dentro da muralla, paremos de extender bulos falsos. Xa cansa

      Reply
    • Berta Teijeiro Fernández
      Xuñ 01, 2020 - 11:45 AM

      E por certo, tamén fai días que están a rozar por fora da muralla, tanto politiqueo xa aburre

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com