A Deputación inviste 144.000 € na mellora de accesos en Cervantes e A Pastoriza

O Goberno da Deputación aprobou na Xunta de Goberno deste venres un investimento de 104.000 euros para mellorar a estrada municipal dende Marco de Álvare a Caínzos, así como os accesos ao cemiterio da parroquia de Saldanxe.

De dita cantidade, destínanse 80.000 euros para o acondicionamento de 2 quilómetros da LU-044- 060, sendo a primeira fase das obra de mellora desta vía. Trátase do treito dende a estrada LU-P- 5501 á LU-P- 4404. As melloras consistirán no aglomerado en quente e no incremento da sinalización.

Esta vía municipal conta coa maior carga gandeira do Concello, pois hai máis de 25 explotacións gandeiras que superan as 2.500 vacas, rexistrando un volume moi elevado de maquinaria pesada. Os restantes 24.000 euros son para o arranxo do camiño municipal na parroquia de Saldanxe, que conta con 50 veciños, que dá acceso ao  cemiterio. Con estas actuacións darase solución aos problemas de acceso ao camposanto.

Accesos a 400 fogares

Asemade, a Xunta de Goberno Provincial aprobou un investimento de 40.000 euros para mellorar os principais accesos públicos aos fogares de 400 veciños, que viven en máis dunha vintena de núcleos rurais das  parroquias de Cereixido e Noceda, en Cervantes.

Con estes fondos, tamén se elaborará o inventario de camiños municipais, un documento fundamental, co que este municipio non conta, para a realización de trámites con todas as administración ou a axilización dos mesmos. Por exemplo, dende hai tempo é necesario para solicitar determinadas subvencións ou para conceder aos veciños permisos cos que poidan o levar a cabo reformas nas súas vivendas, entre outras moitas cuestións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo