" />

A Deputación inviste 320.000 euros en servizos na Pastoriza

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou este xoves sobre o investimento de máis de 323.000 euros da Deputación que se inxectan na Pastoriza para melloras de dotacións públicas, xeración de emprego e impulso de servizos sociais en beneficio dos veciños deste Concello chairego. Fíxoo nunha visita ao Consistorio, que arrancou cunha recepción por parte do alcalde, Primitivo Iglesias, e outros compañeiros do Corporación Municipal, na que Campos Conde asinou no Libro de Ouro do Concello.

Este investimento da Deputación na Pastoriza inclúe 160.000 euros para mellorar dotacións públicas básicas. O presidente e o alcalde asinaron o convenio de colaboración mediante o cal o organismo provincial achega dito investimento e o Concello encárgase da contratación e execución antes de finais de ano dos seguintes traballos: 60.000 euros para a rehabilitación e acondicionamento dun local para centro cívico e social en O Alto, na Parroquia de Pousada, 21.173 euros para a mellora da accesibilidade no centro médico da Pastoriza e  21.000 euros para colaborar na compra dun tractor para o servizo de medio ambiente municipal entre outros investimentos.

Ademais o concello recibirá 58.692 euros do Plan de Obras e Servizos para realizar a rehabilitación da Casa de Galocha en Bretoña, propiedade do Concello de Pastoriza. E 49.064 euros para xerar emprego directo a través do DEPUEMPREGO, o Plan de Emprego da Deputación nos Concellos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo