" />

A Deputación inviste en Monforte 700.000 euros para infraestruturas e emprego

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou este venres en Monforte de Lemos o primeiro investimento do Orzamento de 2016 para este municipio, dotado de case 700.000 euros.

Entre as actuacións que se financiarán destaca o investimento de 245.000 euros para a mellora de infraestruturas. Mellorarase con aglomerado tres céntricas rúas da cidade así como o aparcadoiro do Parque dos Condes. Outros 155.000 euros irán destinados ao saneamento da zona da rúa de San Pedro para evitar as filtracións de auga na zona.

“A miña primeira visita institucional a un Concello da provincia de Lugo como Presidente da Deputación foi a Monforte de Lemos o pasado mes de novembro. Nesa data, abordei co alcalde as necesidades do municipio para mellorar as prestacións públicas e a calidade de vida dos 19.000 monfortinos, e adquirín varios compromisos para darlles resposta dende o organismo provincial. Hoxe isto é unha realidade, pois aprobamos na Deputación un investimento de case 700.000 euros para crear emprego, impulsar os servizos sociais e mellorar as infraestruturas deste municipio”, explicou o Campos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo