" />

A Deputación inviste máis dun millón de euros en Sober para a mellora de servizos

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, informou este xoves sobre o investimento de 1.066.000 euros, que o Executivo Provincial achegou nun ano a este municipio para o impulso de dotacións públicas e infraestruturas, así como a xeración de emprego e a mellora dos servizos sociais dos máis de 2.300 veciños deste municipio.

Campos Conde explicou que con este investimento acondicionáronse unha estrada provincial e múltiples vías en núcleos rurais, melloráronse traídas e depósitos de auga, prestóuselle atención profesional a máis dunha cincuentena de maiores e xeráronse preto dunha vintena de novos empregos.

Para melloras en infraestruturas, o Executivo Provincial levou nun ano a Sober 430.000 euros. Campos Conde e Fernández Guitián supervisaron o inicio dos traballos, para mellorar a estrada LU-P- 5903, de Sober a Doade, nun treito de 2,5 quilómetros.  Campos Conde destacou que “esta é unha obra moi esperada, que supón un grande beneficio para os habitantes do concello e tamén para os centos de turistas que visitan a zona da Ribeira Sacra”.

Ademais, o Goberno da Deputación mellorou con 58.000 euros os accesos a varios núcleos como os de Bidual, Pinol de Abaixo, Somoza, Paradela, A Lama, Mourentan, San Martiño, ás viñas de Lobeiras, de Barantes de Riba a Barantes de Abaixo, beneficiando directamente aos máis de 100 veciños que viven nestes zonas do municipio soberino. Nas vindeiras semanas, con outros 40.000 euros do Executivo Provincial, comezarán os traballos de mellora de accesos a viñedos na zona da Ribeira do Sil.

O Executivo Provincial achegou nun ano 250.000 euros para mellorar a rede de saneamento de auga de varios núcleos poboacionais do Concello de Sober. En concreto, realizáronse traballos de saneamento en Millán, beneficiando aos preto de 50 veciños que viven nesta parroquia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo