A Deputación promove o deporte base colaborando co II Campus Álex Llorca de baloncesto

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, presentou este venres o II Campus Álex Llorca, que se celebrará na capital luguesa do 10 ao 16 de xullo. Fíxoo acompañado polo ex integrante do CB Breogán e actual xogador do Montakit Fuenlabrada, Álex Llorca e o Presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Rubén Engroba. O organismo provincial colabora na organización deste campus co obxectivo de promover o deporte base e fomentar un estilo de vida saudable, así como a transmisión de valores como o compañeirismo persoal entre os mozos.

Rivera Capón subliñou que “tralo éxito da primeira edición do campus, que reuniu durante o pasado mes de xullo a máis de cen rapaces de entre 8 e 17 anos, apostamos pola continuidade desta cita co desexo de que se consolide na cidade de Lugo, onde o baloncesto conta cunha tradición moi arraigada”.

O Deputado de Deportes adiantou que “haberá a posibilidade de inscribirse baixo tres modalidades: réxime externo, semiexterno ou interno, coa intención de darlle continuidade á fórmula que tanto éxito deu o ano pasado. Ademais, todas as extras do campus, roupa deportiva de agasallo, servizo de banco e fisioterapia, comidas cociñadas en cada servizo… e como novidade, sesións de mellora con axuda do vídeo e visitas sorpresa de xogadores profesionais”.

A segunda edición do Campus Álex Llorca desenvolverase utilizando como instalacións de adestramento o Pazo Provincial dos Deportes e anexos, nunha semana cunha completa programación ao redor do baloncesto, baixo a experiencia do xogador ACB de Álex Llorca que, ao igual que o pasado ano, estará presente con todos os participantes, durante a celebración do campus. Xunto a el, como na pasada edición, Mateo Rubio exercerá como director técnico do campus, formando un grupo de traballo coa base de adestradores do ano pasado e algunha incorporación que se irá anunciando nas próximas datas.

Toda a información irase publicando nas redes sociais do campus e na web www.campusalexllorca.com, onde os interesados xa poden inscribirse.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com