A Deputación recibe o premio á iniciativa institucional de COGAMI

O Vicepresidente e Deputado de Benestar e Igualdade, Álvaro Santos Ramos, recolleu este sábado o Premio á Iniciativa Institucional que outorga a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e que este ano recaeu na Deputación lucense, o que converte á de Lugo no primeiro organismo provincial de Galicia en recibir este recoñecemento. Trátase dunha iniciativa que pon en valor o traballo feito pola institución lucense pola integración de persoas con discapacidade. O premio foi entregado polo Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

Santos Ramos agradeceu este galardón e destacou que “dende a Deputación apostamos polas persoas, porque o concepto de igualdade é amplo pero resúmese en ser igual so por ser persoas. A riqueza dun país non se debe medir pola riqueza, nin polo PIB, senón polas condicións de vida das persoas e pola capacidade que temos para igualar a todas as persoas por arriba, non por abaixo. Queremos que as persoas con capacidades diferentes poidan optar as medidas que garantan a súa calidade de vida e benestar, para desenvolverse como calquera outro”.

Coa participación dos colectivos sociais da provincia de Lugo, como COGAMI, o Goberno Provincial converteu á Deputación de Lugo na primeira institución galega que puxo en marcha un plan de emprego que prima a contratación de persoas con capacidades diferentes. Trátase do Ben Empregado 3, que é máis social, pois a través desta iniciativa o Executivo lugués decidiu financiar ao 100% os custos laborais pola contratación de desempregados lucenses en risco de exclusión social (como persoas con problemas físicos ou psíquicos, entre outras) en empresas e entidades sociais da provincia. Esta programación inclúe, ademais, un Servizo de Intermediación Laboral para axudar aos traballadores a integrarse nas empresas e entidades nas que sexan contratados. A maiores, o organismo provincial sufraga o equipamento que sexa necesario para que as persoas con capacidades diferentes leven a cabo o seu traballo.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com