A Deputación retira a bandeira da Unión Europea da fachada do Pazo de San Marcos

Tal e como fixo a primeira hora o Concello de Lugo, tamén a Deputación retirou a bandeira de Europa do Pazo de San Marcos en protesta polo acordo da Unión Europea con Turquía sobre as persoas refuxiadas. Este establece deportacións ao país turco a todos os inmigrantes económicos e demandantes de asilo que cheguen a Europa, a cambio de que os Estados Membros recoloquen o mesmo número de refuxiados asentados en Turquía, o que se coñece por “un por un”.

Este acordo, asinado o pasado 7 de marzo polo Consello de Europa con Turquía, amosa unha profunda insensibilidade tanto da Unión Europea como dos Estados Membros ante a gravísima crise humanitaria das persoas refuxiadas que tentan entrar en Europa para fuxir dos seus países de orixe, actualmente asolados pola guerra.

Europa está a eludir a súa responsabilidade, ademais de incumprir a legalidade internacional de dar resposta aos milleros de persoas refuxiadas que se amorean nas fronteiras. Con este plan, a UE vulnera a protección que o dereito internacional lles recoñece ás persoas que demandan asilio, considerándoos “ilegais”.

Acordos económicos

Europa chegou un acordo co país turco polo que a UE achega 3.000 millóns polos custes de xestión desta crise, así como outra partida idéntica en 2018. Ademais, neste acordo vai implícito coa eliminación do requisito de visado para as cidadáns turcos en Europa a partires de xuño de 2016 así como a entrada de Turquía en Europa, a pesares das reiteradas violación dos dereitos humanos e fundamentais do Goberno de Erdogan.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com