" />

A Deputación presenta os actos programados para conmemorar a Semana da Árbore e da Auga

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou esta mañá a programación que o organismo provincial ten deseñada para conmemorar a Semana da Árbore e da Auga, que se celebra xa por quinto ano consecutivo. No acto tamén participou Xosé Perozo, xornalista e autor dos libros que se entregarán aos nenos esta mesma semana.

López Izquierdo informou que “preto de 15.000 nenos e nenas de infantil e primaria de 103 colexios públicos da provincia están anotados para participar nos actos que organiza a Área de Medio Ambiente da Deputación e que se celebrarán de xeito simultáneo en toda a provincia  entre os días 14 e 18 de marzo“.

A responsable da Área de Medio Ambiente remarcou “o interese que esperta este tipo de iniciativas pois, dende a súa posta en marcha foron xa máis de 50.000 os nenos e nenas que participaron nas actividades, nas que se plantaron máis de 500 árbores autóctonos“.Concretamente, a demanda de participantes aumentou en máis dun 400 %, pois no ano 2012 participaron 3.500 nenos e nenas e este ano son máis de 15.000. Ademais, os arbores que se teñen plantado ao longo da provincia foron 60 carballos, 102 bidueiros, 103 loureiros, 103 acivros que se completan cos 123 castiñeiros que se han plantar o vindeiro venres, 18 de marzo, chegando deste xeito a máis de 500 árbores.

A importancia de que os nosos rapaces sexan conscientes dende pequenos da necesidade de preservar o medio ambiente, comezando polo seu hábitat máis próximo, como son as Reservas da Biosfera de Terras do Miño e Ancares. Estamos convencidos de que esta é unha obriga que temos dende as institucións

Nesta ocasión é a Reserva de Ancares e montes de Navia, Cervantes e Becerreá a homenaxeada, continuando así as actividades de concienciación que a institución provincial organiza para nenos e maiores de xeito habitual.

A vindeira semana, os nenos e profesores recibirán dous conto e os alumnos darán lectura ó libro de contos “Érase unha vez un castiñeiro” e “O Castiñeiro dos desexos“, elaborados polo escritor e xornalista Xose Antonio Perozo. De xeito paralelo a estas actividades propostas, os profesores contan coa Guía do profesorado, na que figura unha unidade didáctica que lles será moi útil á hora de organizar outro tipo de actividades nas aulas, coma xogos, manualidades ou experimentos para complementar a xornada.

Actos das xornadas

O día 18 será o momento de plantar unha árbore. Se o ano pasado foron acivros, este ano a Deputación fará entrega de 123 castiñeiros aos que os rapaces lle poñerán un nome proposto e elixido por eles mesmos. Finalmente, ás 12:30 horas, os alumnos plantarán e regarán por primeira vez a súa árbore. Coma peche da xornada, darán lectura do conto que escollan.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo