Desacougo

Buscar pés ao gato do 23 F é como discutir a redacción do bando dos Alcaldes de Móstoles –eran dous- chamando á loita contra dos franceses o 1808. Que coa que esta caendo, por iso haxa discordia, evidencia que hai gobernantes que non miran onde pisan, abrumados polo poder, elefantes en fin nunha cacharrería.

En tempos, cando no rural non había asfaltado, os da aldea, entre os que me conto por procedencia e querencia, tiñamos un xeito especial de andar xa que, se nos pobos se podía camiñar sen levantar os pes, nas aldeas erguíanse máis para non encontrar obstáculos, xa que mesmo nas estradas entre parroquias, empedradas e barrentas, asomaban coios que podían provocar un tropezo.

No rural supoño esquecido aquel camiñar preventivo, xa que o asfalto chega a todas as casas. Pero algúns políticos, que parecen non saber camiñar nin esquivar obstáculos, e subidos a cadansúa torre, como Simeón o Estilita que viviu moitos anos subido a unha columna, esquecen o que non quede a esa altura, andando tropezan a cotio coas mesmas pedras, sen entender que non todo o que noas rodea é ruín, e que en base ao que temos podemos avanzar cara ao futuro.

Descorazona comprobar que o sentidiño non é contaxioso, que non só non se nace aprendido senon que hai xente especializada en desaprender; que os nosos representantes non teñen o nivel dos que os votan; desacougan tantas cousas cando miramos para as columnas onde se soben algunhas autoridades, que xa non se fala de que algúns políticos son un problema, por ter un problema peor. Certo: O problema peor, mata; pero alguns políticos descorazonan e asustan.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com