" />

Descende o número de casos activos de Covid, aínda sen baixar os contaxios

Volve descender o número de casos activos de coronavirus na provincia. Hoxe sitúanse en 1064, 65 persoas menos que no día de onte. Un dato curioso se contamos que, outras 65, deron positivo nas probas realizadas ata a noitiña da pasada xornada. Esta cifra de novos contaxios supón un repunte, logo dos 34 rexistrados no día anterior. Con todo, a presión hospitalaria tamén se relaxa, logo dunha baixada na ocupación tanto da planta como da UCI. En total, son 55 as persoas que permanecen en centros hospitalarios, 3 delas na Unidade de Coidados Intensivos. 

Por concellos, se tende á baixada tamén nos niveles de alerta, as numerosas altas recibidas polos pacientes, rebaixan a alerta en Viveiro, que abandona a zona vermella, uníndose a Cervo e Sarria na laranxa. En total en alerta maxima quedarían Vilalba, Chantada, Monforte de Lemos que volvía onte a tinguirse desta cor e a capital da provincia.

Burela continúa tamén o descenso de casos que viña rexistrando xa a primeiros de semana e baixa ata o nivel amarelo, onde permanecen ademáis Foz, O Valadouro, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Guntín e, dende hoxe tamén, Outeiro de Rei.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo